Friday 19 de April de 2024

Arranca o Summer Camp 2019


 

Esta semana deu comezo o Summer Camp. As actividades de conciliación organizadas polo Concello de Ordes contan nesta primeira quenda con preto de 40 nenos e nenas entre os 3 e os 12 anos de idade. Durante as mañás destes meses de vacacións poderán divertirse e aprender con multitude de actividades realizadas en grupo como música e movemento, saídas a parques e zonas verdes, xogos populares, obradoiros e talleres creativos, inglés, dinámicas de grupos etc. Neste día, aproveitando as boas condicións meteorolóxicas, todos e todas fixeron da alameda de Ordes a súa gran pista de xogos e de baile.